Os castros de Troña e de Altamira contarán con museografía virtual

A Deputación de Pontevedra achegará 72.000 euros para desenvolver a plataforma de divulgación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Castro de Troña. Fonte: Deputación de Pontevedra

Castro de Troña. Fonte: Deputación de Pontevedra

Elaborar unha plataforma museográfica virtual para a posta en valor, como recurso turístico, dos castros de Troña, en Ponteareas e Altamira, nas Neves. Esta é a proposta que a Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación cun orzamento de 72.000 euros do Plan de recuperación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Segundo adianta a institución, o proxecto consiste en elaborar unha plataforma, integrada no web turístico Trazas de Pontevedra, "que permita mostrar a historia, os costumes e a contorna dos castros de Troña e Altamira, e que inclúa unha experiencia virtual e audiovisual accesible desde calquera localización".

Canda a isto, a empresa adxudicataria deberá elaborar "fotografías, imaxes de 360 grados, reconstrucións 3D e experiencias de realidade aumentada e virtual" que amosen "os costumes das e dos poboadores e a súa contorna, e que recree de maneira fidedigna o patrimonio arquitectónico e etnográfico" destes espazos.

Canda a isto, proxecto contempla a instalación dunha nova sinaléctica nestes monumentos que, ademais de achegar información, faciliten acceso á nova plataforma divulgativa.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Turismo, Ponteareas

Claves

Conceptos