A RAG pon en marcha a Primavera das Letras de Luísa Villalta

Sada acolleu a presentación do programa escolar arredor do Día das Letras Galegas

28/2/2024 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2024
19 lecturas | Compartido 0 veces

O CEIP Sada y sus Contornos e o IES Isaac Díaz Pardo de Sada acollían este 27 de febreiro a presentación da Primavera das Letras. O programa escolar que a Real Academia Galega promove arredor do Día da Letras Galegas ten como eixe un web que presenta diferentes materiais para se achegar a Luísa Villalta, autora homenaxeada nesta edición.
No marco desta iniciativa, o conto Violino, Inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta escrito por Ana María Fernández e Xoán Babarro e ilustrado por Óscar Villán, permite achegarse ao público máis novo á figura da escritora e música. A isto súmanse ligazóns, vídeos, actividades interactivas, fichas para dar cor e outros contidos que se irán ampliando.

Entre estes, a RAG anuncia unha serie de entrevistas con nomes da literatura infantil e xuvenil galega na que explican como se iniciaron na lectura, o primeiro dos cales estará protagonizado por Paco Martín.

Universo culturagalega.gal