Quiosco: Minius número 28

Ramón Fábregas repasa a investigación sobre o Paleolítico galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta de Minius

Cuberta de Minius

Acaba de saír público o número 28 da revista Minius, editada polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo. Nel, Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago, repasa a investigación sobre o Paleolítico galego desde os seus inicios no século XIX con Francisco Villa-Amil y Castro ata a actualidade, concluíndo que "tanto os traballos científicos como o número de xacementos documentados experimentaron un crecemento exponencial a partir dos anos noventa do século pasado. Ese pulo mantense na actualdiade debido aos proxectos vixentes". Por outra banda, Juan Manuel Galiña Lorenzo estuda a historiografía galega, española e portuguesa sobre o Couto Misto, e Damián Xabier Domínguez indaga nas inicios do fútbol nos concellos de Ourense e Canedo (1907-1918) entre oturos artigos.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Coquetería paleolítica

Coquetería paleolítica

O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Fábregas, Xabier Domínguez, Xeografía, Prehistoria...