Unha nova liña de axudas para o sector audiovisual ven a sumarse ao programa desenvolto pola Xunta a través do Hub Audiovisual - Industria Cultural Galega para este ano. Na súa última reunión o Consello da Xunta aprobou as bases que rexerán unha novas subvencións que contarán cun investimento de 200.000 euros para que entidades privadas da Comunidade organicen laboratorios, incubadoras ou residencias para "a formación e o asesoramento" tanto na creación como no desenvolvemento de novos proxectos para cinema e televisión. Esta nova liña de axudas entronca nos seus obxectivos coa tamén nova convocatoria para a escrita de guións e coas dirixidas á promoción do talento audiovisual galego e ao desenvolvemento de proxectos, todas elas centradas na fase previa á rodaxe dos filmes ou series. No caso do apoio a laboratorios e residencias, búscase contribuÃr á xestación e mellora de novas propostas para garantir a calidade e a solidez necesarias no seu camiño á fase de produción e, xa que logo, a súa viabilidade artÃstica, técnica e financeira.
Segundo o comunicado tras do Consello da Xunta e a falta da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e apertura da convocatoria, as bases establecen unha porcentaxe de axuda de ata o 80 % do orzamento subvencionable, cun lÃmite de 50.000 euros por encontro, para financiar diferentes gastos relativos á organización de laboratorios, incubadoras ou residencias desenvolvidas no perÃodo que vai desde a data de publicación da convocatoria ata o 15 de agosto de 2025. Entre outros requisitos, deben contar cunha edición xa celebrada na que participasen, cando menos, dous proxectos de creación e/ou produción galega. Para a súa concesión, en réxime de concorrencia competitiva, establécese un baremo de valoración que, entre outros aspectos, primará tanto o número de propostas galegas incluÃdas na edición inmediatamente anterior como a porcentaxe que se lles reserva naquela para a que se solicita a subvención. Tamén se terá en conta a porcentaxe reservada especificamente a proxectos de autorÃa feminina.