Tomando como base o libro de relatos "Un médico na aldea" do escritor, polÃtico e médico estradense Manuel Reimóndez Portela (1916-1994), publicado en 1992, o dramaturgo Santiago Cortegoso creou un libreto para un espectáculo teatral e musical do mesmo tÃtulo. Integrantes da agrupación cultural Tequexetéldere e da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada conformarán o elenco que o leve ao escenario. A estrea será esta mesma fin de semana na cidade portuguesa de Braga, dentro do ciclo .Convergencias da cidade lusa e tras iso poderá verse no Teatro Principal da Estrada na primeira fin de semana do mes de marzo por partida dobre, cun primeiro pase o sábado, 2 de marzo, ás 19:00 horas e un segundo un dÃa despois, o domingo 3 de febreiro, ás 20:00 horas.
Esta dramatización en clave musical da obra, publicada en 1992, coincide co 30 aniversario do falecemento do persoeiro ao que en 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe dedicándolle o seu Ano Cultural. O escrito de Reimóndez Portela no que se basea esta montaxe constrúese sobre un compendio de diversos relatos e vivencias vividas polo propio autor durante a súa época como médico rural. As interpretacións musicais correarán cargo dos integrantes de Tequetexéldere e o espectáculo contara coa creación de ilustracións en directo por parte da artista Rosa de Cabanas. A proposta leva xestándose catro anos e sobre a escena pasarán ata 50 persoas. O concelleiro de Cultura, Juan Constenla foi o encargado de presentar a obra, acompañado por Enrique Reimóndez, neto do autor da obra; Rosa Herráiz, ilustradora; e o director, Santiago Cortegoso.