O Consello da Cultura Galega presenta un cómic sobre a catástrofe do “Prestige”

Parando a marea negra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Consello da Cultura Galega presentará mañá, martes, día 4, ás 12:00 horas en rolda de prensa o cómic “Parando a marea negra”, que descrebe a esforzada reacción posta en marcha en Galicia para neutralizar o impacto da catástrofe do “Prestige”. Trátase dunha publicación editada con guión da escritora Marilar Aleixandre e ilustrada por Fran Bueno Capeáns, que fai o número 3 da Colección “Ciencia para todos”, iniciativa da Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, do CCG. Os números anteriores foron dedicados á auga e ó solo. Na rolda de prensa, que terá lugar no salón de actos do Consello, estarán María Pilar Jiménez Aleixandre e Francisco Díaz Fierros, coordinador da sección citada e vicepresidente do CCG.

Máis información en La Voz de Galicia, consulta o web do CCG e coñece as BDs sobre o solo e sobre a auga

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Cómic, Consello da Cultura Galega, Ciencia...