A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega (CCG) editou o cómic “Parando a marea negra”, sobre os efectos da contaminación litoral e marÃtima provocada polo petroleiro Prestige e a mobilización social das vilas da costa. Para asegurar a súa difusión nos colexios e institutos, o CCG preparou unha tiraxe de 10.000 exemplares asà como a súa distribución a través de Internet. Este cómic representa a terceira entrega da colección “Ciencia para todos” promovida pola Sección. “Parando a marea negra” foi guionizado pola escritora Marilar Aleixandre e debuxado por Fran Bueno. Para Marilar Aleixandre, o cómic subliña “unha idea de esperanza e de concienciación na defensa da natureza e do medio ambiente; todos podemos facer algo e todas as contribucións son necesarias”.
Descarga Parando a marea negra; baixa tamén o primeiro tÃtulo da colección: “¿De quen é a auga?” e o segundo en PDF: “Vivir no solo”