"De quen é a auga" e "Vivir no solo" son os tÃtulos dos dous álbumes de banda deseñada que presenta hoxe o Consello da Cultura Galega con ocasión do DÃa do Medio Ambiente. As dúas publicacións pertencen á colección "Ciencia para todos", que puxo en marcha a Sección de Ciencia, TecnoloxÃa e Sociedade do Consello.
Para os nenos
Os dous álbumes, de dezaseis páxinas cada un e realizados a toda cor, van dirixidos a un público infantil e pretenden concienciar os nenos sobre a necesidade de protexer o contorno. Cada álbum vai presentando a problemática concreta do solo e da auga a través da conversa duns rapaces que conforman un grupo ecoloxista. Ademais, en cada unha das historias, animais relacionados con cada medio van explicando ó lector os factores que infúen na conservación da auga e do chan e inciden na importancia da conservación destes recursos.
Presentación e realización
A presentación, que se celebra ás doce e media da mañá no Salón de Actos da sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi de Compostela. No acto estarán presentes o coordinador da Sección de Ciencia, TecnoloxÃa e Sociedade, Francisco DÃaz-Fierros. Onda el, acudirá a presentación o secretrio do Consello, Henrique Monteagudo, e coordinadora da colección Marilar Aleixandre. O álbum foi realizado polo debuxante Francisco Bueno, do Estudio Tangaraño de animación e ilustración.