O Ãndice de sobrepeso en Galicia é superior á media estatal, e os problemas alimentarios afectan a unha porcentaxe crecente da poboación. Consciente deste problema, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura decidiu dedicarlle a esta cuestión o cuarto número da colección de banda deseñada Ciencia para todos. Con guión de Marilar Aleixandre e debuxos de Fran Bueno, a obra explora, ao longo de 16 páxinas, os problemas que poden causar malos hábitos alimentarios e propón como mudalos.
Segundo explica Aleixandre "a iniciativa desta obra xurdiu da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade. O profesor Rafael Tojo pasounos unha documentación moi completa que nos terÃa dado para facer varias BDs coma esta, pero procuramos centrarnos en tres ou cado ideas principais, tamén pensando no público ao que está dirixido". A incidencia da alimentación na saúde e mais a necesidade de exercicio son as ideas principais que transmite unha BD que, coma as do resto da serie, transcorre na imaxinaria Vila Xunqueira. "Todas se desenvolven no mesmo lugar, aÃnda que van mudando os personaxes. Tamén contamos nesta ocasión con algún animal que nos axuda a contar a historia", explica Aleixandre.
Precisamente encol da creación deses personaxes, a autora recoñece que se dá unha especial conexión creativa con Fran Bueno, debuxante co que, para alén dos anteriores números da serie, colaborou tamén na serie Os escachapedras, publicada na revista Golfiño. "Temos moita colaboración, eu pasolle unhas ideas e coméntolle que pode haber xente de determinado xeito, e el ten sempre ideas moi orixinais, por exemplo, que unha das protagonistas da historia tivese o pelo rapado foi idea del. Algo moi interesante tamén do seu traballo é como pinta os bichos, que son ao tempo moi realistas e teñen a simpatÃa que deben ter os animais no cómic".
Malia a que polo momento os autores non teñen en axenda ningún número novo desta serie didáctica, Aleixandre recoñece que pretenden seguir a súa colaboración no campo da novena arte. "Temos pendentes desde hai anos rematar a serie Os escachapedras que quedou en suspenso cando fechou Golfiño e para máis cos protagonistas secuestrados nun soto. A idea é acabar a historia e logo ver de a publicar en álbum nalgunha das editoras que traballan coa banda deseñada en Galicia. A verdade é que con ese material e as historias curtas que publicamos na primeira época de Golfiño ata teriamos para dous álbums", apunta a guionista. A ver se desta volta conseguimos rematala".