A Axencia Galega das Industrias Culturais achegará un total de 65.000 euros, 35.000 máis que en 2023, á Federación de Cineclubs para que este colectivo manteña o seu programa. Un total de 19 ciclos e sete semanas de cinema en catorce localidades de todo o paÃs, unha máis do que no ano pasado, desenvolveranse con este apoio, en virtude do acordo que asinaban este 15 de febreiro representantes das dúas entidades.
En concreto, os colectivos beneficiados son os cineclubs Pontevedra, Lumière de Vigo, Adega de VilagarcÃa de Arousa, Cangas, Poleiro de Goián, Bueu, Padre Feijoo de Ourense, Groucho Marx do Barco de Valdeorras, O Carballiño, Valle-Inclán de Lugo, Val Miñor de Nigrán, Serie B de Narón, O Acomodador de Allariz e Os Papeiros de Chantada.
Ademais, amplÃase tamén a cesión de filmes da carteleira da Filmoteca de Galicia aos cineclubes galegos. Se o ano pasado este programa achegou tÃtulos a salas de Lugo, Ourense e Pontevedra e Vigo, nesta xeira amplÃase a O Barco de Valdeorras, O Carballiño, VilagarcÃa e Cangas, aÃnda que cae a Cidade OlÃvica da programación. Un total de 8.000 euros destinaranse a este fin, segundo informa a Agadic.
O acordo tamén contempla o apoio da Xunta á participación da Federación de Cineclubs de Galicia nos Encontros de Cinema de Viana do Castelo (Portugal) para a resolución do Prémio PrimeirOlhar para documentais das escolas de cine e audiovisual de Galicia, Portugal e Brasil.