Unha comisión nomeada polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro acordou este 10 de febreiro outorgalle a distinción de Cunqueiriano de Honra ao poeta, narrador e ensaísta Claudio Rodríguez Fer. Este galardón, que recoñece "o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense" entregaráselle o vindeiro 28 de febreiro na vila mindoninense.
O fallo do recoñecemento apunta "a longa e vizosa traxectoria dun gran coñecedor da figura de Cunqueiro" e salienta que Rodríguez Fer é "un dos máis destacados poetas da literatura galega do último medio século, amais de narrador, dramaturgo e ensaísta e un dos máis recoñecidos galicianistas e hispanistas do noso tempo".
Do seu traballo sobre Cunqueiro, o fallo enumera monografías como Álvaro Cunqueiro en Ortigueira (2011) ou Borges e Cunqueiro (2021) canda a diferentes artigos ou conferencias, e lembra que o homenaxeado dirixiu o Congreso Álvaro Cunqueiro e a Cultura Europea en 1991.
César Cunqueiro (fillo do escritor), Manuel Lourenzo (Cunqueiriano de Honra do ano anterior), Alberto García Fernández (Concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías), Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo), Abel Vigo García (Técnico de Cultura municipal), Miguel González Somovilla (xornalista e estudoso da obra de Cunqueiro) e Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC) conformaron o comité que realizou a selección. Rodríguez Fer é a oitava persoa en recibir esta distinción.