Bota a andar o proxecto dun ecomuseo de embarcacións tradicionais en Sada

A Asociación Os Patexeiros construirá un peirao flotante e recreará unha embarcación tradicional da ría

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Proa dunha embarcación tradicional. Fonte: GALP Golfo Ártabro Sur

Proa dunha embarcación tradicional. Fonte: GALP Golfo Ártabro Sur

A Asociación Os Patexeiros conseguiu 45.000 euros do Grupo de Acción Local e Pesqueiro Golfo Ártabro Sur para crear un ecomuseo de embarcacións tradicionais en Sada. A entidade prevé aproveitar estes fondos para construír un peirao flotante dedicado a este tipo de naves. Ademais, abordará a recreación dunha embarcación propia da zona, o coñecido como "bote de media construción".

Segundo explica o web de Os Patexeiros, este tipo de embarcación caracterízase por ter "pantoque planos e obra viva similar a un bote". A peza equiparase con tres tipos distintos de arboladura "para poder facer demostracións ao público dos distintos aparellos utilizados nas embarcacións tradicionais no golfo Ártabro: a vela latina, a vela de relinga e a vela cangrexa".

Tanto o peirao como o bote enmárcanse no proxecto do Ecomuseo a Flote, no que, segundo indica a presentación do mesmo, "se poidan visitar as embarcacións a flote e non dentro dun local". A primeira fase da actuación prevé desenvolver estudos de viabilidade e técnicos para o equipamento, no que a entidade prevé desenvolver diferentes actividades a divulgar as este patrimonio.

A proposta aprobada contempla ademais elaborar un inventario das embarcacións tradicionais existentes en Sada canda a diferentes materiais didácticos como audiovisuais en 360 grados ou unha recreación en realidade virtual da experiencia de navegación nunha nave deste tipo.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A Dorna Sara xa navega

A embarcación construíuse con técnicas modernas conservando a forma tradicional

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sada, Medios de comunicación

Claves

Lugares