
A liña tamén apoia intervencións realizadas "sobre as distintas construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras), mostras da arquitectura industrial e popular marÃtimo fluvial na provincia". Tanto estas como as embarcacións que conten con estas axudas deberán dedicarse a actividades de promoción sociocultural ou musealización.
Co prazo aberto ata o 2 de maio, esta convocatoria cobre ata o 80% dos custos destas tarefas cun máximo de dez mil euros, que se poderá ampliar se non se esgota a partida orzamentaria coas solicitudes recibidas.