A Deputación de Pontevedra achega 101.230 euros á recuperación de embarcacións tradicionais

As axudas permitirán traballos de rehabilitación en catro galeóns e noutras pezas de patrimonio marítimo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Traballos no galeón Eliseo. Fonte: ailladosratos.org

Traballos no galeón Eliseo. Fonte: ailladosratos.org

O Club Mariño A Reiboa de Poio, as asociacións Sueste e Sodináutica do Morrazo, e outros sete colectivos do Salnés repartirán as axudas para a recuperación de embarcacións tradicionais da Deputación de Pontevedra. O organismo provincial resolveu esta liña de axudas destinadas a "obras de restauración e conservación de artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial, todos eles destinados a actividades de musealización ou difusión social e cultural" e dotadas con 101.230 euros.

Aínda que a convocatoria tamén estaba destinada á recuperación de instalacións en terra vencelladas este patrimonio, a totalidade das axudas adxudicadas irán a tarefas de rehabilitación de embarcacións. Entre os traballos incluídos están os galeóns Eliseo do Morrazo, Luisa III de Poio, Rei do Mar da Illa de Arousa e mais o Adelino Manuel do Grove, así como traballos sobre diferentes dornas e no Barco de San Pedro da Illa.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Asociacións, Cultura Marítima e Fluvial, Poio...