Quiosco: Croa número 33

O Museo de Viladonga celebra os 40 anos da súa creación

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta da revista CROA

Cuberta da revista CROA

O Museo de Viladonga publicou o número 33 do seu histórico boletín Croa, no que anualmente se recollen traballos históricos, arqueolóxicos e etnográficos vinculados coa provincia de Lugo. Desta volta, o Museo tamén recorda os 40 anos desde a súa creación en 1983. Entre os contidos, destaca a catalogación da indumentaria civil e militar presente no castro a través de diferentes obxectos metálicos, como fibelas ou broches, a cargo de Álvaro Pérez Rozas, ou un estudo sobre un peine textil de ferro tamén do xacemento, escrito por Miriam Fernández Otero. A maiores, o colectivo romanarmy publica un conxunto de xacementos militares romanos localizados na provincia de Lugo e que incrementan de xeito notable o catálogo da presenza militar en territorio galego, nun texto liderado por Andrés Menéndez.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Boletín Croa nº 31

Quiosco: Boletín Croa nº 31

O boletín do castro de Viladonga avanza os resultados das novas intervencións no castro e no xacemento de Proendos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Castro de Viladonga

Claves