Esta é a historia dunha carreira contrarreloxo. Por unha banda, os arqueólogos, que cada vez dispoñen de técnicas e métodos máis avanzados para detectar as pequenas alteracións do terreo que fican tralo abandono dun efémero campamento militar hai dous mil anos. Por outra banda, o avance da maquinaria agrÃcola, as repoboacións forestais e as transformacións intensas do agro galego nos últimos anos, e que esborrallan as trazas mÃnimas que ficaron desas accións. Iso é o que acontece nos sete novos posibles campamentos temporais romanos localizados polo colectivo romanarmy na provincia de Lugo e publicados no último número da revista Croa do museo do castro de Viladonga, nunha investigación estivo liderada polo arqueólogo da Universidade de Oviedo Andrés Menéndez-Blanco xunto con José Manuel Costa-GarcÃa (Universidade de Salamanca), João Fonte (University of Exeter), Manuel Gago (Universidade de Santiago de Compostela), VÃctor Vicente GarcÃa (Veterum Arqueólogos, S.L.) e Pablo López Fernández (arqueólogo).
Os xacementos localizados, distribuÃdos ao longo de toda a provincia, están agrupados polo nivel de fiabilidade das evidencias conservdas en cada un deles. Os que conservaron restos máis identificables son O Vedro da Fame (A Ermida, Riotorto), A Costa (Arcillá, Cospeito) e As Pardellas (Guillarei, Friol). No segundo grupo, concibidos como 'indicios probables', sitúanse o Monte Endemil (San Xoán do Mato / Saa, Palas de Rei), Penoucos (FonfrÃa / Barbeitos, A Fonsagrada), O Campo da Matanza (O Cádavo, Baleira) e A Lagúa (Airexe, Baleira / Pereira, Castroverde). Entre eles, atópase no caso do Vedro da Fame, cun tamaño de máis de 14 hectáreas, un dos meirandes campamentos en territorio galego e que conta cun anexo único na arqueoloxÃa do norote, asà como outros tamén situados no ámbito das 10 hectáreas e con capacidade de acoller a unha lexión completa ou mesmo máis efectivos. Da outra banda, atópanse outros xacementos de ao redor das cinco hectáreas. Segundo os autores, os achados están contando dúas historias distintas. Por unha banda, os recintos de Penoucos (A Fonsagrada) e Campo da Matanza (O Cádavo, Baleira) falan dos movementos de tropas entre as montañas orientais galegas e o occidente asturiano, detectado tamén noutros xacementos. "O longo val de Baleira puido ter un papel central nos desprazamentos do exército romano a través do oriente lugués en sentido norte-sur”.
Novos achados en amarelo: (1) A Costa, (2) As Pardellas, (3) O Monte Endemil, (4) Penoucos, (5) O Campo da Matanza, (6) A Lagúa e (7) O Vedro da Fame.
Da outra banda, os xacementos situados ao oeste do rÃo Miño "presentan máis dificultades interpretativas" á hora de comprender as misións deses corpos militares pero achegan outros aspectos importantes. "Comeza a diluÃrse a imaxe de dúas ‘illasÂ’ ou concentracións afastadas" de campamentos romanos en Galicia, explican os autores, “e os xacementos de A Costa (Cospeito), O Alto das Pardellas (Friol) e O Monte Endemil (Palas de Rei), xunto con outros localizados recentemente, enchen este espazo baleiro do occidente lugués e o oriente coruñés, apuntando a unha distribución máis homoxénea dos sitios en toda Galicia”. Para os autores do texto, outro aspecto de gran interese é “a presenza de poboados fortificados na contorna destes recintos. O vÃnculo entre castros e campamentos "tampouco pode ser ignorado á hora de interpretar as motivacións dos emprazamentos dos campamentos. AÃnda que non temos evidencias de asaltos ou asedios a castros nas áreas galega e asturiana, os indicios de interrelacións entre poboados indÃxenas e campamentos son cada vez máis numerosos”.