O Museo de Lugo desvía a outras entidades os fondos arqueolóxicos

O centro xa solicitou unha nave para almacenaxe, catalogación e restauración

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, o de Vilalba, o da Fonsagrada... estes son algúns dos destinos dos fondos que van aparecendo nas diferentes escavacións da provincia de Lugo. Sen embargo, a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece que as custodia dos achados que aparecen recae no Museo Provincial. Pero, tal e como publica hoxe El Progreso, o Museo Provincial de Lugo non ten espazo físico para albergalos e está a destinalos cara a outros centros da provincia. A dirección do museo xa solicitou ao anterior goberno unha nave para a almacenaxe, catalogación e restauración dos fondos.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Lugo, Lei de Patrimonio, Museo Provincial de Lugo, El Progreso...