Xosé Freixanes e Alberto Avendaño suman talentos en Bueno Carallo Bueno

A exposición pictórica e literaria pode verse en Vilagarcía ata o vindeiro 25 de febreiro

Imaxe da inauguración de <i>Bueno carallo bueno</i>. Fonte: Facebook do Concello de Vilagarcía de Arousa
Imaxe da inauguración de Bueno carallo bueno. Fonte: Facebook do Concello de Vilagarcía de Arousa
A sala municipal Antón Rivas Briones de Vilagarcía acolle ata o vindeiro 25 de febreiro a exposicón Bueno carallo bueno. O pintor Xosé Freixanes e o escritor Alberto Avendaño combinan as súas creacións nesta orixinal proposta que combina cadros e poemas e que abriu as súas portas o pasado 20 de xaneiro.

Un total 39 pinturas de distintos formatos e técnicas hamonízanse con composicións líricas que seguen as estruturas dos haikus e os tankas da literatura xaponesa. Na proposta creativa a influencia xaponesa combínase con rastros indios ou árabes en obras nas que a pintura e o bordado teñen un especial protagonismo.

O proxecto expositivo xorde do libro do mesmo título que marcou a primeira colaboración entre os dous creadores e que viu a luz da man da editorial Elvira en 2023. Os dous creadores anunciaron a vindeira presenza da mostra en Madrid e en Granada.