Falece o historiador valdeorrés Antonio Castro Voces

Publicou diferentes estudos sobre o patrimonio e a sociedade valdeorresa

18/1/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: historia
27 lecturas | Compartido 0 veces

Antonio Castro Voces. Foto: Osil.info

Onte faleceu o historiador Antonio Castro Voces, nacido en Quereño (Rubiá). Castro voces era licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e desenvolveu unha longa traxectoria como investigador do pasado valdeorrés a través de numerosas publicacións e intervencións. Entre elas, os libros El santuario de As Ermitas. Estudio histórico-artístico, económico, socio.religioso y educativo 1624-1990, co que obtivo o premio Tertuliano Hervella, ou Segadores de Castela, escravos de sol a sol (Asociación de Segadores, 2003). Tamén traballou ao redor da historia do viño de Valdeorras e era membro do Instituto de Estudos Valdeorreses.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos