Falece David MacKenzie, un dos grandes promotores da cultura galega no exterior

O profesor recibira o Premio da Cultura Galega en 2014

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fonte: En memoria de tanto miragre. USC

Fonte: En memoria de tanto miragre. USC

Foi o primeiro catedrático emérito de Estudos Galegos no mundo anglófono, creou o Seminario de Estudos Galegos de Birmingham e o Centro Irlandés de Estudos Galegos en Cork. David MacKenzie, un dos máis destacados divulgadores da nosa cultura no estranxeiro, faleceu en Santiago de Compostela, onde residía. O traballo de MacKenzie, nado en Nottinghamshire en 1943, valeulle o recoñecemento co Premio da Cultura Galega na categoría de lingua en 2014. Ademais, era membro correspondente da Real Academia Galega, socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da Hispanic Society of América e Pedrón de Honra, entre outras distincións.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premio da Cultura Galega, Asociación Internacional de Estudos Galegos, Hispanic Society, Seminario de Estudos Galegos...