Na actualidade é un centro punteiro en arqueoloxÃa e historia. Durante moitos anos mantÃvose coma o principal referente de investigación humanÃstica sobre o noso paÃs. Creado durante o franquismo, herdeiro polémico do Seminario de Estudos Galegos, sumido durante anos nunha longa crise, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento enfronta os novos tempos a través da especialización e da competencia, logo de sesenta anos de historia.
A finais dos anos vinte, un grupo de universitarios preocupados pola falta de coñecementos sobre o paÃs e vencellados ao galeguismo poñen a andar o Seminario de Estudos Galegos. Esta institución, punteira na época polo seu carácter multidisciplinar, desenvolveu durante anos algunhas das máis importantes achegas ao coñecemento do paÃs ata que a Guerra Civil provocou a súa desaparición de facto ao morreren ou teren que se exiliar boa parte dos seus membros. Segundo explica Eduardo Pardo de Guevara, actual director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, “os membros que están en Galicia e sobreviven á guerra exixen que se manteña o seminario e entón tómase a decisión de que esta institución se acolla ao Centro Superior de Investigacións CientÃficas. Con isto, pasa a se denominar instituto e ponse baixo o padroado do Padre Sarmiento, unha idea que xa se barallara a comezos dos anos trinta no propio SEG”. Sexa como for, a cuestión é que neste IEG Padre Sarmiento intégrase a práctica totalidade dos intelectuais galeguistas que conseguiran permanecer en Galicia durante a guerra. Na xuntanza fundacional estaban, entre outros, Sánchez Cantón, Bouza Brey, Jesús Carro, Cordero Carrete e Abelardo Moralejo, e pouco despois integrábase no Instituto o Grupo Nós: Pedrayo, Risco e Cuevillas. Desde aquela e ata hoxe pasaron xa sesenta anos de estudos que o actual director resumiu nunha breve historia do centro que acaba de saÃr á luz.
Herdeiros
Con esta vocación de herdanza é que o Instituto mantivo nos seus primeiros anos a estrutura en dez seccións do SEG (ArqueoloxÃa, EtnografÃa, XeografÃa, Prehistoria, Historia, FiloloxÃa, Literatura, Arte, Estudos Composteláns e Peregrinacións e BibliografÃa e Publicacións) cun destacado nome á fronte de cada unha. Ademais dos xa mentados, participaron nesta primeira etapa Antón Fraguas, Couceiro Freijomil, Aquilino Iglesias, Ferro Couselo, Taboada Chivite... Ademais, a institución recupera, non sen minguas, os fondos do SEG, que foran dar á Universidade de Santiago ante a desaparición do mesmo. É precisamente esta recuperación de fondos un dos aspectos que rodean de polémica esta institución, xa que durante anos sectores do galeguismo atacaron o IEG Padre Sarmiento considerando que se trataba dunha institución franquista que non podÃa en ningún caso considerarse herdeira do antigo SEG nin moito menos ser depositaria dos seus fondos.
Auxe, crise e rexurdir
Desde o seu nacemento ata o final do franquismo, o IEG Padre Sarmiento mantivo unha actividade destacada, segundo explica o seu actual director. Catálogos de castros, análises da romanización, estudo de cancioneiros medievais ou a elaboración dunha extensa “BibliografÃa de Galicia” foron algunhas das tarefas que se abordaron ao longo destes anos. A progresiva desaparición de boa parte destes históricos membros, coincidindo co final do Franquismo, supuxo un certo declive na actividade do Instituto ao longo de os anos oitenta, que se agudizarÃa a finais da década. “Hai unha etapa de crise grave desde finais dos oitenta. Desaparecen materiais, hai falta de actividade... A clave está en que hai unha garande mudanza na realidade cultural galega”, explica o director. “Durante o franquismo o instituto era a grande institución cultural de Galicia. Desde finais dos oitenta, as novas institucións e as universidades adquiren protagonismo”. Non foi ata mediados dos anos noventa cando a situación comezou dar mostras dunha certa recuperación. No ano noventa e catro prodúcese unha mudanza de dirección que sitúa a Eduardo Pardo de Guevara como responsable do centro, o que provoca unha mudanza no rumbo da institución. “Sen perder a vocación no ámbito cultural do centro, o instituto reorganizouse coma un centro de investigación. Xa non é un centro de actividades culturais, sobre todo a nivel de estrutura é un centro de investigación”. Ademais, no ano 2000 o Padre Sarmiento reconvértese nun centro mixto entre a Xunta e o CSIC”, explica Pardo de Guevara. Outro capÃtulo moi importante na reestruturación foi o da biblioteca, que logo de botar anos pechada, multiplicou o seu número de volumes, informatizouse e está na actualidade a disposición do público.
Especialización
A aparición de diferentes institucións que afondaron nos estudos sobre Galicia fixo que o IEG Padre Sarmiento optase por mudar o seu rumbo, buscando un campo de traballo especializado. “Esta unha das razóns polas que o instituto se refuxiou no cultivo de temas relacionados co patrimonio. Deste xeito, na actualidade traballamos fundamentalmente en arqueoloxÃa e historia. Facemos catálogos e repertorios históricos de base coa intención de proporcionar instrumentos para a investigación”. Dentro deste proceso de renovación, o instituto deixou de traballar a cuestións coma a lingua e a literatura. “Hai institucións punteiras que xa se dedican a iso e non ten sentido que nós sigamos traballando nesas cousas. O que se pretende é non interferir no que tratan as demais se non que cada unha achegue o que poida”, explica Pardo de Guevara. Outro capÃtulo moi importante é o da biblioteca, que xa mudou enormemente nestes últimos anos. Se no 85 tiña 8000 volumes sistematizouse a adquisición de fondos e na actualidade chega a 18.200 tÃtulos, 8.200 folletos, medio millar de revistas mortas...
Impacto e financiamento
Este proceso de especialización conseguiu novos froitos para a institución. “Hai liñas de investigación concretas que teñen eco internacional. Por exemplo en Heráldica e en XenealoxÃa Medieval estamos a atender continuamente consultas de moitos centros. Tamén a nivel arqueolóxico estamos a conseguir un importante impacto no exterior”, asegura o director. Este éxito reflÃtese tamén no financiamento do Instituto. “O que achegan do CSIC vai para os salarios e parte dos gastos ordinarios. A parte da Xunta cubre tamén gastos ordinarios e actividades culturais e de publicación”. Estes orzamentos non supoñen sen embargo máis que a quinta parte dos fondos que manexa anualmente o Padre Sarmiento. “A actividade realmente financiase a través de convocatorias públicas nas que hai que competir con outros proxectos e a través de convenios con entidades privadas”, explica o director. “No instituto hai dous grandes grupos de investigacións recoñecidos coma de excelencia pola Dirección Xeral de I+D, o de arqueoloxÃa que dirixe Felipe Criado, e o de Historia que dirixo eu”, recoñece. “na actualmente no ámbito de humanidades somos o segundo centro máis importante en canto a captación de recursos, só por tras do instituto de Historia de Madrid. E iso que eles son setenta e tantos e aquà somos cinco os investigadores no cadro do persoal”.
En marcha
Como un exemplo dos traballos que actualmente desenvolven as cincuenta persoas que investigan para o centro, o director apunta “Estamos a facer un diccionario biográfico da Galicia dos Trastámara, que vai ter case tres mil entradas e que agardamos rematar para o vindeiro ano. Preparamos tamén un estudo sobre ‘Galicia nas fontes árabesÂ’. Tamén traballamos nun corpus de heráldica e de epigrafÃa funeraria medieval galega, do que xa temos rematada a etapa da Catedral de Santiago”. Nos últimos anos, entre outras moitas propostas e publicacións, organizaron dous seminarios sobre a Orde de Malta ou a XI Reunión Iberoamericana de XenealoxÃa, ademais de manter desde o ano 97 as publicacións TAPA (Traballos de arqueoloxÃa e patrimonio) e CAPA (Cadernos de ArqueoloxÃa e Patrimonio), que superan xa os cincuenta volumes e están a se consolidar como referencia neste campo no noso paÃs. “Hai dous anos puxemos en marcha unha iniciativa que está a funcionar moi ben e que imos continuar que é o ciclo anual ‘Historia e LendaÂ’. Son ciclos de debate con especialistas nos que se tratan eses temas nos que se mesturan os elementos históricos e lendarios. Tamén fixemos un premio destinado a xoves investigadores, aberto a calquera tipo de investigación relacionada co patrimonio de Galicia.
Traballos
Como exemplos das investigacións que está a desenvolver na actualidade este centro, pódese apuntar un Inventario de Fortalezas Medievais de Galicia. “Estamos a facer por unha banda labor de campo, a recoller información gráfica e topográfica de todas as testemuñas de arquitectura militar que se conserven. Pola outra é un baleirado nas fontes de na bibliografÃa de todas as fontes que encontramos en relación con estas fortalezas. A cifra destas estará moi por riba das cincocentas e por baixo das mil, hai que contar en torno ás cento vinte e cento corenta por provincia”, explica o director. Outra mostra é a edición do manuscrito de Frei MalaquÃas de la Vega. “Trátase dun manuscrito de comezos do século XVII. Foi unha encarga que fai Pedro Fernández de Castro, sétimo conde de Lemos a este Frei MalaquÃas para que escriba unha historia apoloxética da súa familia. O interese que ten esta obra é que sobre todo na segunda metade fala de persoeiros netamente galegos desde o século XIII. O maior interese é que na obra están copiados moitos documentos, ás veces ao pé da letra, e a maiorÃa deles desapareceron nun incendio no século XVII, o cal fai máis importante a obra”.
En adiante
“Como proxectos, logo de consolidar estes ámbitos de historia e de ArqueoloxÃa, temos agora unha nova praza de investigador, que sairá á oposición”, apunta Pardo de Guevara. “A miña ilusión é que o Instituto recupere nun prazo medio e por esta orde o ámbito da arte e da etnografÃa e antropoloxÃa”, recoñece. A un nivel máis inmediato, o centro prepara a dixitalización dos folletos da súa colección e creación dun centro de referencia sobre patrimonio que involucre toda a rede do CSIC que traballa sobre este ámbito. As propostas non deixan de ser ambiciosas, mais logo de sesenta anos de camiño andado, non se pode negar que as expectativas son boas.