O Consello da Cultura recibe un premio da Real Sociedade Española de Física

Luz con premio

No mes de abril, o Consello da Cultura Galega puxo en marcha unha mostra que conmemoraba os 150 anos da chegada da luz eléctrica a Galicia. Unha mostra que organizou a sección de Ciencia e Tecnoloxía do Consello da Cultura Galega e que acaba de ser premiada pola Real Sociedade Española de Física como mellor traballo de divulgación científica.

Obxectivo e cometido do premio

Desde hai dous anos, a Real Sociedade Española de Física convoca un premio ó mellor traballo de divulgación científica dentor do programa "Física en Acción". Un galardón dotado con 250.000 pesetas máis un diploma acreditativo que pretende premiar ó mellor traballo de divulgación científica. E o obxecto deste galardón, no que tamén colaboran o Laboratorio Europeo de Partículas (CERN), a Axencia Espacial Europea (ESA e o Observatorio Europeo Austral (ESO), foi a exposición "A noite está varrida da terra" que organizou o Consello da Cultura Galega. Unha mostra que se ofrecía material didáctico, pensada para un público novo, para que os rapaces comprenderan o proceso polo que chegou a luz eléctrica a Galicia desde os laboratorios de física da Universidade de Santiago.
Con este premio pretendeuse, segundo a organización, "facer fincapé nun problema moi estendido como é a perda da cultura científica científica".
Neste galardón tamén houbo máis medios de comunicación galegos. De feito, La Voz de Galicia quedou finalista coa reportaxe "Cen anos de física cuántica" e a Radio Galega polos seus programas de divulgación científica.









Suárez Abel recibe o Julio Camba


O Liceo Casino de Pontevedra acolleu onte pola tarde o acto de entrega da XXII edición dos premios Julio Camba de Xornalismo. Un galardón que se deu a coñecer o pasado mes de maio e que está dotado con un millón de pesetas e que este ano recaeu no xornalista Miguel Suárez Abel. Un pontevedrés que se iniciou no mundo da literatura e da colaboración en prensa na década dos 80 e que xa tenno seu haber numerosos premios como "Blanco Amor", e o "Pedrón de Ouro".
O segundo premio, dotado con 500.000 pesetas, recaeu en Juan Ángel Juaristo polo seu artigo "Los nuevos robinsones" . O terceiro foi para os artigos redactados por Ramón Baltar Veloso titulado "Un divago, maná de plata", que foi premiado con 300.000 pesetas. Pecha a lista de premiados, Jaime Siles, por "Estocolmo, Amsterdam, Venezia" con 200.000 pesetas.












E rematamos con máis premios








Por último, para rematar co listado de premios que se deron a coñecer estes días, figura o fotógrafo Adolfo Enríquez, que gañou o Premio Nacional de Fotografía profesional no apartado de imaxe industrial. Un galardón que outorga a Asociación de Fotógrafos Profesionais de España e que entregou o pasado venres en Barcelona.