Iria Folgado conecta ribeiras no seu disco Ecos de Breogán

É o debut discográfico desta solista de corno inglés

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Iria Folgado

Iria Folgado

A oboísta Iria Folgado é unha das promesas da música de cámara galega e na actualidade traballa como solista de corno inglés na Konzerthaus Orchester de Berlín. Acaba de publicar o seu primeiro disco, Ecos de Breogán, un percorrido pola música de cámara para oboe composta por un grupo de músicos británicos a principios do século XX, e inspiradas na tradición musical céltica. Deste xeito, pezas compostas por Benjamin Britten, Ralph Vaughan Williams, Arnold Bax e Elizabeth Maconchy, que se completan tamén cunha achega do compositor galego Fernando Buíde del Real. En Ecos de Breogán Folgado, tocando o oboe, conta coa colaboración das violinistas Raquel Areal e Sara Areal, a viola de Héctor Cámara e o violonchelo de Iago Domínguez. O disco pódese escoitar completo en Spotify.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Breogán, Spotify, Berlín

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares