"Zugunruhe" é un termo alemán que se usa para describir un comportamento animal de ansiedade visible nas especies de costumes migratorias, especialmente nas aves, cando lles chega o momento de iniciar o seu periplo. Pódese traducir como "inquietude migratoria" e asà co termo alemán e a súa tradución serve de tÃtulo ao terceiro disco de estudio do compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed. O concepto mesmo do que fala ese tÃtulo motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia des necesidade de movemento. Sanmamed, que pasa por un perÃodo especialmente fértil de escritura, gravacións e recoñecemento, presenta este álbum acompañado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á baterÃa, habituais do seu trÃo, aos que se engade nesta ocasión o óboe e o corno inglés de BenxamÃn Otero, para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.
O disco "Zugunruhe. Inquietude migratoria" está conformado por 10 temas, 8 deles orixinais e 2 arranxos, un sobre un tema tradicional asturiano e o outro da canción número 78 das Cantigas de Afonso X O sabio. Esta edición, realizada por Acentral Folque e publicada en vinilo, inclúe un álbum fotográfico de Eutropio RodrÃguez, cun caderniño interior no que percorre o concepto do disco e a súa música, ademais dunha serie de textos de Susana ArÃns, arredor do concepto. Foi gravado por Ramón Campos e Rubén Montes, nos estudios Disquesà e Rueiro e mesturado e masterizado tamén por Ramón Campos. Pablo Sanmamed é, ante todo, un artista cun son que se funda na herdanza do jazz de autor, a world music, a música contemporánea e a cinematográfica. O disco está dispoñible para comprar en Inquedanzas Sonoras e pode ser escoitado nas plataformas dixitais.