O encontro Música no Claustro celebra a súa XVII edición do 1 ao 7 de agosto en Tui. Un programa de música, patrimonio e creación dirixido polo concertista e investigador tudense Samuel Diz no que conflúen diversas narrativas que teñen como punto de encontro o legado artístico da Catedral de Tui, sede oficial do festival dende o ano 2005. Sete concertos de entrada libre nun dos claustros máis antigos das catedrais atlánticas. Linguaxes renovadas que beben do legado oral da música tradicional galega con Davide Salvado, do flamenco con Niño Ruven, ou dos ritmos e melodías da costa oeste de África da que provén o malinense Ballaké Sissoko, referente mundial da kora. Música no Claustro, co respaldo de AIE, achega as inquedanzas da nova escena musical co percusionista Diego Casado e co trío de jazz liderado pola saxofonista Irene Reig. A Catedral de Tui acolle ademais dúas residencias artísticas que abren e pechan o círculo desta edición: a da organista Silvia Márquez Chulilla, directora do ensemble La Tempestad, co obxectivo de afondar na investigación e interpretación do arquivo musical catedralicio; e da oboísta galega Iria Folgado, solista da Konzerthaus Orchester Berlin, quen regresa ao festival para gravar o seu primeiro traballo discográfico ao carón das irmás tudenses Raquel e Sara Areal. Os concertos de Música no claustro son de entrada libre por orde de chegada, sen reserva previa de entrada. Apertura de portas 20h45.
Música no Claustro e a Asociación Campaneiros de Galicia celebran a recente declaración do toque manual de campás como manifestación do patrimonio cultural inmaterial da UNESCO cunha intervención sonora previa aos concertos que fai vibrar o bronce dos sinos catedralicios. En paralelo, o Ministerio de Cultura e Deporte participa no foro profesional Resonancias® 23 analizando os pasos dados e retos desta protección patrimonial, xunto á visita a Campás Ocampo, obradoiro artesanal con máis de 400 anos de historia. Alén disto, o 2 e 3 de agosto, profesionais da construción de instrumentos musicais e o deseño reúnense en Tui ao carón de perfís técnicos como a enxeñaría ou a xestión de coleccións museísticas. A terceira edición do foro profesional Resonancias impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, ao que se suma a colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal, promove o emprego de madeiras de proximidade na artesanía. Un programa de conferencias, mesas redondas e visitas profesionais que ten por apertura a conversa maxistral co mestre organeiro Gerhard Grenzing, autor do órgano da Catedral de Tui, xunto á conferencia aberta a todos os públicos de Lucy Durán sobre a kora.