A recoñecida The Apartment de Billy Wilder abre este 11 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña o novo ciclo As mellores pelÃculas da historia. Esta proposta do Concello repasará ata o vindeiro mes de xuño seis obras clásicas da sétima arte en proxeccións en formato de pelÃcula de 35 milÃmetros e versión orixinal subtitulada que se acompañarán de coloquios "con recoñecidas personalidades do eido cultural, cinematográfico, xornalÃstico, académico ou co propio autor da obra", segundo sinala a presentación do proxecto.
A escritora Elvira Lindo será a encargada de complementar a primeira proxección, e o programa continuará o vindeiro 15 de febreiro con À bout de souffle, de Jean-Luc Godard. O cineasta, profesor e escritor especializado no director francés Paulino Viota será quen guÃe o coloquio nesta ocasión.
Citizen Kane, de Orson Welles, co director da Filmoteca de Catalunya, o 14 de marzo, The piano de Jane Campion o 11 de abril coa directora Jaione Camborda e Psico de Alfred Hitchcock con Paco Plaza o 23 de maio continuarán a iniciativa.
O novo ciclo fecharase con El espÃritu de la colmena, de VÃctor Erice o 13 de xuño, unha cita para a que está prevista a presenza o propio cineasta ou da actriz Ana Torrent.