As bases da convocatoria de subvencións a festivais para o ano que vén, publicadas no DOG do 29 de decembro, manteñen a dirección alcista que viña seguÃndose desde a Axencia galega de Industrias Culturais para esta liña de axudas desde 2015. Neste ano increméntase a partida nun 33% respecto aos 225.000 euros consignados en 2023, alcanzando os 300.000 euros de investimento autonómico en certames e mostras galegas do sector organizadas de xeito profesional entre o 1 de novembro de 2023 ata o 31 de outubro de 2024, ambos os dÃas incluÃdos. A contÃa máxima que se poderá solicitar é de 50.000 euros.
A diferenza orzamentaria déixase sentir nas tres modalidades que comprenden as bases, aumentando en 15.000 euros tanto a partida destinada a festivais organizados por entidades locais como os organizados desde empresas privadas (50.000 e 35.000 euros, respectivamente) e resultado máis beneficiada a modalidade de festivais e eventos audiovisuais organizados desde asociacións culturais, cuxa partida pasa dos 170.000 euros de 2023 a 215.000 euros na convocatoria actual. A dotación ratifica o valor estratéxico que este tipo de certames teñen para o goberno autonómico tanto no ámbito audiovisual como no conxunto das industrias culturais galegas, polo seu labor de dinamización e promoción de moi diferentes produtos e formatos audiovisuais e polo seu papel de altofalantes para a máis recente produción galega e os seus profesionais. De feito, entre outros requisitos, a proposta de programación dos eventos subvencionables debe conter o cinco por cento de tÃtulos ou cinco sesións de produción cinematográfica e/ou dirección galegas.