Seguimos engadindo novos festivais musicais á axenda musical estival de Galicia. Agora é desde Ponteareas (Pontevedra), onde xa teñen o veterán Rock in Rio Tea, que xurde unha nova proposta: o Afluente festival. Baixo a premisa de "para os que non seguen a corrente, nace un novo Afluente", a empresa local Imaxinaria Creacións ven de facer públcia xa parte do cartel e datas deste evento a celebrar no lugar de A Freixa os dÃas 12 e 13 de xullo de 2024. Emcabeza o cartel Carlangas (ex Novedades Carminha), xunto a formacións como Boikot, Depresión Sonora, Shego e nomes singulares da escena galega como Grande Amore e Mondra ou Pipiolas. Tamén contará coa sempre benvida Duendeneta. Os primeiros abono xa está á venda a falta de seguir cofirmando outros nomes artÃstios para eses dous dÃas de festival.