Nova cita festivaleira en Lugo co Valadouro Rock

O evento terá lugar en xuño en Ferreira do Valadouro

O evento terá lugar en xuño en Ferreira do Valadouro
Á lista nada pequena de festivais musicais de Galicia ven de unirse un novo nome: o Valadouro Rock. A Mariña lucense, onde ten lugar un dos festivais máis coñecido de Galicia e do Estado, o Resurrection fest de Viveiro, engade unha nova cita a poucos quilómetros dalí e tamén en clave de rock duro. A primeira edición deste Valadouro Rock terá lugar o 22 de xuño en Ferreira do Valadouro e ofrece unha experiencia de rock de todos os tipos a base de bandas de todo o Estado. Das nove bandas que ofrecerá o seu caertel hoxe mesmo veñen de desvelar as tres primeiras confirmacións. Un dos nomes máis coñecidos é o dos valencianos Gigatrón, unha formación que leva 25 anos percorrendo o país coa súa peculiar proposta paródica. Tamén hai sitio para o rock máis local coa confirmación de Materia Muerta, unha banda de hardcore Ribadeo cun disco publicado e outro a piques de saír. Completa a lista de primeiros nomes do cartel o grupo asturiano de heavy, SKÜLD. Aínda faltan outros seis nomes para completar o cartel desta primeira edición que sacou hox á venda as primeiras entradas.

Ligazóns