Achegar o son da gaita a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, con contido máis pesado e poderoso, sen perder a esencia do xenuÃno da interpretación é a intención de Susana Seivane con este novo traballo 'Sete'. O nome do álbum coloca o novo disco no seu posto na discografÃa da artista, tras aquel 'Dende o meu balcón' (2020) no que recollÃa os temas compartidos cos seu veciños en nas redes sociais durante o confinamento. O pasado sete de setembro, a gaiteira adiantaba 'Non é nonÂ’ o tema de apertura deste álbum, onde emprega a forza do seu instrumento para elevar o berro sinalando a lacra incesante na nosa sociedade da violencia de xénero. Para elo, rodeouse de multitude de artistas que tamén pronunciaron a súa repulsa contra este mal endémico: Luis Zahera, Elena Ferro, Iván Raña ou Carlos Blanco, entre outros, sumáronse a esta campaña iniciada pola artista. Ese tema, no que agaita comparte a súa forza coa dos instrumentos electricos e de percusión propios do rock abre un disco cheo de variedade sonora e no que hai un total de 12 temas, incluÃndo xotas, pasodobres, muiñeiras e outras pezas como unha versión de 'Lela'. Composicións propias e tradicionais atópanse neste repertorio que Seivane defenderá hoxe no teatro Colón da Coruña no que será o su único concerto de presentación en Galicia de 'Sete'. Este xoves 28 ás 20:30 h seivane comparecerá ante o seu público acompañada de Miguel González no saxo, Iago RodrÃguez no baixo, Alber Grela na guitarra e Carlos Freire na baterÃa. O disco xa pode escoitarse nas platafromas dixitais.