Logo da preestrea que celebrou o pasado mes de febreiro cun recital da Coruña, hoxe sae á venda FA, o novo álbum de Susana Seivane logo de oito anos de silencio discográfico. A gaiteira achega doce composicións que presenta como "unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal". De feito o nome do disco xorde das iniciais dos seus fillos, Fiz e Antón. Segundo adianta a discográfica, "sen perder a súa esencia definitoria, Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición". Papá Pum Pum, "un canto á alegrÃa vital e á supremacÃa dos pequenos momentos" é o tema de presentación gravado, como o resto do álbum, nos estudios Nakra. DurmÃndote, O primeiro baile ou A nana dos bicos son outros dos tÃtulos que xa están dispoñibles en tendas e plataformas dixitais.
A presentación oficial do traballo será o vindeiro 19 de setembro na homenaxe a Manuel MarÃa Lúas de outono no coruñés Teatro RosalÃa de Castro. Posteriormente anúncianse concertos en Ponteareas (22 de setembro), Alcalá de Henares (9 de outubro), Fnac A Coruña (20 de outubro ), Auditorio Municipal de Vigo (16 de novembro) e no Teatro Gaztambide de Tudela o 6 de decembro.