Unha investigación localiza 36 barcos abandonados na Ría de Betanzos

A Reserva da Biosfera retirará a maior parte destes restos por seren contaminantes

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Mapa coa localización dos restos na Ría de Betanzos. Fonte: Reserva da Biosfera

Mapa coa localización dos restos na Ría de Betanzos. Fonte: Reserva da Biosfera

A Ría de Betanzos acolle un total de 46 residuos importantes, dos que 36 corresponden a barcos abandonados. Pontóns, tuberías e outros elementos completan o catálogo de restos localizados neste territorio, comprendido entre os concellos de Betanzos, Coirós, Paderne, Bergondo, Miño e Sada.

Un exhaustivo traballo de campo na zona, co apoio de drones, permitiu identificar e clasificar todos os pecios localizados, que teñen entre 4,5 e 20 metros de lonxitude. A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, co apoio da Fundación Juana de Vega, correu coa investigación que deu pé a estes achados e que fai parte do Plan de Sustentabilidade Turística deste espazo.

Máis da metade dos barcos que repousan na zona están construídos con materiais non biodegradables, polo que se prevé a súa retirada para evitar contaminacións. A análise considera outro 24% como refuxios de biodiversidade, polo que se revisarán para lles retirar posibles elementos contaminantes, deixando no lugar o casco de madeira. Finalmente, outros 10 clasifícanse con distintas particularidades que esixirán tratamentos específicos.

A Reserva prevé iniciar en 2024 a retirada destes restos cun proxecto piloto que afectará a un dos barcos. O custo estimado de eliminación destes residuos está estimado en 294.000 euros.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Sada, Miño, Juana de Vega...

Claves

Protagonistas