Nas ás do canto: reivindicar a alianza entre a música e as letras no Rexurdimento

Conmemora o centenario da morte do historiador Manuel Murguía

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Murguía, Manuel Curros Enríquez e outros amigos. Foto con cor dixital.

Murguía, Manuel Curros Enríquez e outros amigos. Foto con cor dixital.

Neste ano 2023 celébrase o centenario da morte de Manuel Murguía e o Consello da Cultura Galega celebrouno onte cun recital e concerto no que se reivindica a alianza entre escritores e músicos no Rexudimento. "Nas ás do vento. Música e identidade no Rexurdimento" nace como concerto, pero tamén como especial web. Con artigos do filólogo Xurxo Martínez, especialista no Rexurdimento e a musicóloga Margarita Viso, coa voz de Anna Mélikhova e Martín Chaves ao piano, o proxecto permite coñecer e escoitar obras musicais realizadas polos grandes músicos e compositores do país no século XIX a partir dos textos dos escritores participantes no espertar cultural de Galicia na segunda metade do XIX. Desde a Cantiga de Curros musicada por Chané ou Maio Longo de Rosalía de Castro da man compositora de José Baldomir, ata catorce temas musicais. O proxecto completarase no futuro coa edición dun libro.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rexurdimento, Manuel Murguía, Morte, Escritores...