
O fallo do xurado cualifica a obra como "unha primeira novela sorprendente" na que o autor "recupera a memoria dos que o perderon todo". Lamela "olla o exilio e o desarraigo desde ópticas e tempos distintos e converte este libro nunha crónica transxeracional". Segundo o comité de selección esta "é unha novela luminosa e chea de amor que ocupa os baleiros mediante a palabra".
O crÃtico Josep Maria Nadal Suau, a libreira Lola Larumbe, o escritor José Ovejero, a gañadora do galardón en 2022 Laura Chivite, o tamén autor Use Lahoz, a xornalista Susana Santaolalla e a xefa da área de cultura de Radio Nacional e directora de El Ojo CrÃtico Laura Barrachina foron responsables da selección.
Lamela xa obtivera o Premio da CrÃtica Española por esta mesma obra o pasado mes de maio de 2023.