A bailarina galega Janet Novás inauguraba este 18 de outubro o palmarés da XXXII edición dos premios El Ojo Crítico, que outorga anualmente este programa cultural de Radio Nacional de España. Novás foi recoñecida co galardón na categoría de Danza, en recoñecemento a un traballo que "non dubida en impresionar e en apelar o público con coherencia e honestidade con maiúsculas", segundo recoñece o fallo do xurado.
A acta ademais apunta os méritos da artista en "realizar unha exploración do mundo moi persoal, pola súa facilidade para materializar ideas e demostrar como certos desexos interpretativos poden atopar un vehículo corporal, espacial e temporal, polo seu labor de pedagoxía e por unha traxectoria que lle dá sentido a bailar".
O xurado desta categoría do galardón estivo composto por Rafaela Carrasco, bailaora, coreógrafa e catedrática de baile flamenco; Asun Noales, bailarina, coreógrafa y Premio Max; Daniel Abreu, bailarín, coreógrafo e Premio Nacional de Danza; Jesús Rubio Gamo, bailarín, coreógrafo e premio El Ojo Crítico de danza 2020; Olga Baeza, especialista en danza e directora do programa A compás de Radio 5; Miguel Ángel Hoyos, subdirector de El Ojo Crítico; e mais de Laura Barrachina, xefa da área de cultura dos servicios informativos de RNE e directora do programa.
Os premios recoñecen o talento de persoas menores de 40 anos nas artes de música clásica, narrativa, poesía, cine, teatro, música moderna, artes plásticas e danza. Ademais, a convocatoria conta tamén cun recoñecemento a toda unha traxectoria e cun galardón bienal orientado a Iberoamérica.