Tras o anuncio na conta persoal da súa parella, a escritora Ledicia Costas, a morte inesperada de Miguel A. López, HematocrÃtico, correu polas redes sociais e medios, sumando incontables voces de condolencia. Finado aos 47 anos dun infarto de miocardio, Miguel a. López era unha figura moi coñecida no ámbito das redes sociais, onde fora un pioneiro do que Verne, a sección sobre cultura dixital de El PaÃs definira como o "internet bonito". Un ámbito creativo no que confluÃan o humor, a irreverencia e a exploración de novas posibilidades narrativas, e que tamén trasladou ás súas colaboracións audiovisuais. O HematocrÃtico, que traballara como profesor de educación primaria nas Escravas da Coruña durante case vinte anos, era tamén un destacado autor de literatura infantil en galego e castelán. De feito, o seu último libro, Unha unicornia, con ilustracións de Alberto Vázquez, foi editado por Xerais neste mesmo ano.