A trixésimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema Cineuropa, de Santiago, baixou o pano este sábado nunha cerimonia de clausura na que se deron a coñecer os ditames do Xurado Oficial e o Xurado Novo do certame sobre os mellores traballos proxectados nas seccións competitivas asà como o premio do público ao mellor filme. 'Riddle of fire', primeira longametraxe do estadounidense Weston Razooli, foi distinguido co premio á mellor pelÃcula, mentres que 'Inside the Yellow Cocoon Shell' (Bên trong vỏ kén và ng) lle valeu ao cineasta vietnamita Phạm Thiên Ân o recoñecemento como mellor director. No seu ditame, o xurado premiou ademais a grega SofÃa Exarchou polo guión de Animal (pelÃcula da que tamén é directora) e as interpretacións do actor alemán Jan Bülow, en 'A teorÃa universal' (Die Theorie von Allem), de Timm Kröger, e da actriz británica Mia McKenna-Bruce no filme 'How to have sex', de Molly Manning Walker.
Pola súa banda, o Xurado Novo da 37ª edición de Cineuropa, distinguiu 'O mal non existe' (Aku wa sonzai shinai) de Ryûsuke Hamaguchi como mellor pelÃcula e a Justine Triet como mellor directora por 'AnatomÃa dunha caÃda' (Anatomie dÂ’une chute), mentres que o galardón ao mellor guión foi para Aki Kaurismäki por 'Follas de outono' (Kuolleet Lehdet). Os premios ás mellores interpretacións recaeron na actriz portuguesa Anabela Moreira polo seu traballo en 'Mal Viver' (dirixida por João Canijo) e no actor senegalés Seydou Sarr, protagonista de 'Eu, capitán' (Io, capitano), de Matteo Garrone. O resultado do voto do público foi 'ex aequo para 'A fronteira verde' (Zielona Granica), de Agnieszka Holland, e 'Eu, capitán' (Io, Capitano), de Matteo Garrone. As preto de 17.000 persoas asistentes ás distintas sesións esta edición "tola, tola, tola, tola", que mantivo unha media diaria superior ao millar de espectadoras e espectadores, dan conta da boa acollida que o público de Santiago de Compostela outorgou ao Cineuropa 37.