O Padroado da Cultura Galega de Montevideo ven de escoller ao escritor ceense Rafa Vilar (Cee, 1968) como autor homenaxeado da 31ª edición do DÃa da PoesÃa que celebra esta entidade. A traxectoria literaria do poeta, recente gañador da XXIª edición do Premio de PoesÃa Afundación, e que atesoura outros moitos galardóns literarios, centrará o acto da celebración o vindeiro martes 5 de decembro no Uruguai. Levarase a cabo tamén unha lectura pública de escolmas da súa produción poética. Vilar engádese a unha longa lista de poetas lembrados nesta homenaxe da entidade galega de Montevideo, como foron anteriormente Xosé LuÃs Méndez Ferrin, Xulio López Valcárcel, Eva Veiga, Manuel MarÃa ou Emma Pedreira.