O festival Cineuropa acolle na tarde deste 17 novembro a estrea de Os espazos en branco, unha longametraxe sobre Xela Arias que supón o debut na dirección do sobriño da poeta, Bruno Arias. O proxecto de Serea Films preséntase como "unha crónica do intento de Bruno de ir máis alá da figura pública de Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tÃa".
A partir do descoñecemento persoal da poeta, que morreu cando o director tiña só 5 anos, Arias establece, "un diálogo coa ausencia, unha viaxe polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado". Na presentación da obra, o director pregúntase "Como podes amar a alguén que non coñeces? Que parte do que somos provén de imaxes que non temos? Canto hai de persoa nos recordos que quedan sobre ela?".
A produción combina interpretacións de Melania Cruz, Sheyla Fariña e Lidia Veiga con testemuños de familiares, amigos e persoas que traballaron coa protagonista. As entradas para a estrea puxéronse á venda o pasado dÃa 7 e esgotáronse en horas.