
Os cines Tamberlick, en Vigo e mais os Cantones da Coruña acollerán cadanseu pase o dÃa 8 de novembro, mentres o 9 será o Cineclube Padre Feijoo o que amosará o filme. Os Codex de Lugo, o 15, e os Duplex de Ferrol, o 17 deste mes, darán paso á Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames, o 26 e o Pazo da Cultura de Pontevedra o 30. Está tamén prevista unha proxección en data por determinar no Cines Xunqueira de Cee.
O filme, se fixo co premio Mestre Mateo ao mellor documental de 2024, repasa a figura homenaxeada no DÃa das Letras Galegas de 2021 desde a perspectiva do director. "Como podes amar a alguén que non coñeces? Que parte do que somos provén de imaxes que non temos? Canto hai de persoa nos recordos que quedan sobre ela? Preguntas universais que describen un conflito interno, unha contradición, unha ferida a curar a través da ferramenta que mellor explora os sentimentos humanos: o cine", sinala a presentación da pelÃcula.