A RAG inicia o novo ciclo Voces da narrativa na Coruña

A primeira sesión reúne seis autoras e autores de menos de 40 anos o vindeiro 21 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A RAG inicia o novo ciclo Voces da narrativa na Coruña

Un encontro con seis autoras e autores de menos de 40 anos abre o novo ciclo Voces da narrativa da Real Academia Galega. A Fundación Luís Seoane, na Coruña, acolle o vindeiro 21 de novembro a primeira sesión desta iniciativa, que continuará en futuras datas con novas actividades arredor deste xénero literario.

A partir das cinco da tarde celebraranse tres diálogo que reunirán por pares a Berta Dávila e Brais Lamela, Alberto Ramos e Sica Romero, e Fabio Rivas e Cecilia F. Santomé. As conversas serán presentadas polos coordinadores do programa, a directora da Sección, de Literatura da RAG, Marilar Aleixandre, a académica de número Chus Pato e o académico correspondente Ramón Nicolás. A entrada ao evento, que se poderá seguir tamén pola canle de Youtube da RAG, é libre e gratuíta.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, A Coruña, Luís Seoane, Xénero...