Nace nautopia.gal, un plataforma para a formación en disciplinas creativas

Inclúe cursos con coñecidos creadores presentes nas redes sociais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Nace nautopia.gal, un plataforma para a formación en disciplinas creativas

A deseñadora Lorena García é a promotora do proxecto Nautopia.gal, unha iniciativa de formación en liña na que se ofrecen "obradoiros integramente en galego referentes a distintos ámbitos creativos, técnicos ou divulgativos". O formato ofrece cursos a cargo de diferentes profesionais novos de temáticas moi distintas, desde photoshop e fotografía a maquillaxe de efectos especiais, pandeireta ou obradoiros de gravación e mestura de cancións. Teñen todos un custe de entre 25 e 35 euros e quen o explore verá un aire con outros espazos de formación en liña, pero en galego. "Por que debemos mudar de lingua entón para aprendermos sobre ilustración, sobre música ou sobre edición audiovisual, se temos persoas que se dedican aiso e o fan no noso idioma?", pregúntanse.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía

Claves

Conceptos