Marion Rivolier, Lis Watkins, Paulo J. Mendes, Tazab, Llüisot, Federico Granell, Mónica Urrutia, Montsino e Iria Prol conforman a listaxe de convidados do VI Compostela Ilustrada. O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe abre as súas portas na capital galega este 9 de novembro baixo o lema 'Un modo de vivir'.
No marco do programa, os dÃas 10 e 11 celébranse as Xornadas de Ilustración Urbana no Auditorio de Galicia. Este programa de conferencias abrirá coa pintora francesa Marion Rivolier e que inclúe a proxección do documental España de Frontière(s).
A experiencia das residencias artÃsticas que viviron Federico Granell e Tazab, a mudanza na vida que lle supuxo o debuxo a Paulo J. Mendes, o labor de Lis Watkins en parques urbanos, as caricaturas de Lluïsot e o muralismo de Iria Prol completan as intervencións. Prol realizará ademais un mural de 2x2 metros no corredor do Auditorio arredor da figura e a obra de Luisa Villalta.
Ademais destas propostas abertas ao público, un cento de artistas que se inscribiron nesta proposta desenvolverán ata o vindeiro 12 de novembro e da man dos autores e autoras convidados obradoiros, clases maxistrais e sesión de debuxo en distintos puntos da cidade. Segundo destacou na presentación do programa Gemma Sesar, coordinadora do proxecto, Compostela Ilustrada é na actualidade un encontro de debuxo único a nivel peninsular e o segundo máis importante de Europa.