A "ampliar o foco e contar con artistas máis especializados no debuxo urbano" Miguelanxo Prado presentaba onte en Compostela o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe que dirixe. Compostela Ilustrada celebrarase na capital galega entre o 9 e o 12 de novembro vindeiros a integrar no seu programa obradoiros, exposicións, presentacións e clases maxistrais. Entre os convidados destacan autores de renome internacional como Munehiro Ikeda, que protagoniza unha exposición sobre o caderno de 400 páxinas que realizou durante a súa peregrinación a Santiago nos anos 80. O recente Premio Nacional de Ilustración, Alfredo será outro autor homenaxeado cunha exposición monográfica. Xunto a eles Jorge Arranz, Fernanda Lamelas, Isabell Seidell, JoaquÃn González Dorao ou Mr. Zê son algúns dos autores que participarán neste encontro.
No marco desta iniciativa celebraranse presentacións como a da GuÃa Ilustrada das Igrexas de Santiago de Compostela de XaquÃn González Dorao ou o Camiña/Camiño. De Porto a Santiago de Fernanda Lamelas, Teresa Ruivo, Isabell Seidell e Blanca Escrigas. As actividades abertas ao público, como os obradoiros sobre como facer cadernos de viaxes ou o de Caligraffiti teñen aÃnda prazas dispoñibles para os interesados.