A natureza protagonizará o terceiro encontro Compostela Ilustrada

O encontro de cadernos de viaxe contará con creadores como Javier Mariscal

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A natureza protagonizará o terceiro encontro Compostela Ilustrada

Natureza urbana é o lema co que se celebrará, entre o 8 e o 11 de novembro o III Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. O Concello acollía onte a presentación desta iniciativa, que reúne na cidade e da man de Miguelanxo Prado diferentes creadores de sona internacional que percorren e retratan os seus recantos. Nesta ocasión, e centrado nos espazos verdes da capital, o encontro contará coa presenza de Javier Mariscal, Ana Luisa Frazao, Juan Linares, Carlos Silvar ou Joaquín González Dorao entre outros. No programa, canda a sesións de debuxo ao vivo, haberá presentacións de diferentes obras dos convidados, conferencias e unha nova edición das Xornadas de Ilustración Urbana, que se desenvolverán entre os días 9 e 10 no Auditorio de Galicia e que concentran diferentes conferencias e obradoiros formativos.

Pola banda das exposicións, poderán verse Unha ollada natural, do ferrolán Carlos Silvar na Galería Sargadelos e mais O Camiño de Santiago debuxado, de Joaquín González Dorao, no Museo das Peregrinacións.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Miguelanxo Prado, Debuxo, Auditorio de Galicia...