Premio Reimóndez Portela de xornalismo para Carlos Fernández Coto

Un artigo sobre a intervención urbanística da Praza da Feira foi o elixido polo xurado

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioSociedade
Compartir:

O arquitecto e presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, (Apatrigal), Carlos Henrique Fernández Coto ven de resultar proclamado como vencedor do XXVIII Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo. O xurado foi unánime ao recoñecer o artigo de Fernández Coto 'A revolución tranquila', publicado nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, de entre os 34 traballos de 12 autores e autoras que concorreron este ano. No seu artigo, o gañador, trataba sobre a Praza da Feira , a súa remodelación e o seu entorno. O xurado xustificou a súa elección "pola actualidade e vixencia na temática e polo esforzo do autor por facer comprensible para un público non especializado o alcance e significado da intervención". A dotación económica do Premio será de 1.000 euros e farase entrega do mesmo este venres, 10 de novembro.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Feira, Carlos Fernández, Faro de Vigo...