As bibliotecas de Betanzos e de Cenlle levan o Premio á Innovación Bibliotecaria

A Xunta outorga estes galardóns dotados con cadanseus 3.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A V Xornada de Bibliotecas Públicas de Bibliotecas de Galicia, que se celebrou este 30 de outubro na Cidade da Cultura, acolleu o acto de entrega dos VI Premios á Innovación Bibliotecaria de Galicia. A Xunta de Galicia recoñeceu con estes galardóns a Biblioteca Municipal de Betanzos, na categoría de entidades locais con máis de 10.000 habitantes, e a de Cenlle, na de localidades con menos poboación. Cada un dos premios conta cunha dotación de 3.000 euros.

De xeito máis concreto, o espazo das Mariñas viu recoñecido o seu proxecto Club de lectura da historia de Betanzos. No mesmo valorouse "a capacidade de innovación da biblioteca a través dun proxecto baseado en crear alianzas estratéxicas, empregar mediadores e tecer redes de colaboración con entidades sociais".

En Cenlle, pola súa banda, valorouse da iniciativa Colaborando co cole: biblioteca para tod@s "a capacidade amosada para impulsar e dinamizar a apertura deste centro bibliotecario, deseñando un conxunto de actividades organizado, estruturado e coherente de cara á posta en funcionamento deste servizo, que lle permitiu obter un gran éxito de público nos primeiros meses desde a apertura".

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Betanzos, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia