O panteón real da catedral de Santiago de Compostela será posto en valor como parte das iniciativas gañadoras da segunda edición do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña. O proxecto, presentado pola Fundación Catedral de Santiago, centrarase na alianza entre os reis da casa de Borgoña e a Igrexa Compostelá para a constitución dun panteón. O proxecto incluirá a edición de diferentes materiais de difusión deste espazo funerario e do papel dos reis na construción da catedral de Santiago, a creacion de diversos materiais divulgativos no web e nos espazos dixitais da catedral sobre o panteón e o desenvolvemento dun programa educativo especÃfico. Este proxecto é un dos vinte que obtiveron un financiamento de 10.000 euros, e que comprenden iniciativas moi diversas orientadas a diferentes medios e estilos de divulgación. Destaca un proxecto de documental animado a cargo do coñecido realizador Fernando Cortizo, propostas teatrais, vÃdeos para redes sociais, eventos de recreación histórica, escape room ou mesmo unha colección de moda.