Unha enorme cola de turistas agarda na nave central da Catedral de Santiago a bater a súa cabeza contra a fronte do Mestre Mateo. Mentres, os que foron os homes e mulleres máis ricos e poderosos da Galicia do seu tempo dormen, case en soidade, o soño das estatuas no Panteón Real, a poucos metros de distancia. Pouca xente coñece a súa historia.Visitamos as tumbas dos Reis de Galicia.
O Panteón Real atópase na entrada do Museo da Catedral de Santiago, ao carón do Claustro e en fronte do Tesouro do templo. Cando entras nese pequeno espazo, un retablo moi elevado xorde na fronte. Non é exactamente un retablo, senón máis ben un almacén das reliquias de santos que foi acumulando o recinto ao longo de 1.200 anos de historia. E, repartidos polos muros laterais, descansan as laudas dunha dinastÃa de monarcas da plenitude medieval de Galicia. Velaà está Raimundo de Borgoña, Conde de Galicia, Afonso VIII, Fernando II, Berenguela, que foi muller de Afonso VII, Xoana de Castro, muller de Pedro I o Cruel e, elevado á dignidade dun soterramento real, Pedro Froilaz, Conde de Traba, unha curiosa personaxe do momento. Xuntos, resumen boa parte da historia do paÃs nos séculos XI e XII.
Raimundo, o borgoñón
Comecemos por Raimundo de Borgoña (1065-1107). A súa tumba amosa un rostro novo, cunha longa cabeleira coidada e vestimentas cortesáns distanciadas da tradicional aparencia bélica das tumbas dos reis medievais. Raimundo era fillo do conde Guillerme I de Borgoña e casou coa RaÃña Urraca, herdeira do rei Afonso VI. O rei Afonso VI atopouse unha Galicia inestábel: a aristocracia comezaba a temer o excesivo peso da Igrexa no poder e tentaba buscar unha solución alternativa que dese as voltas de torca na roda do poder. O conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo compostelán Diego Páez prepararon unha conspiración que tiña por obxectivo coroar a Guillerme de NormandÃa, o flamante conquistador de Inglaterra, como rei de Galicia, creando un eixo atlántico de poder. A operación fracasou cando Guillerme morreu en 1087, pero Afonso VI tentou afortalar a súa posición en terras galegas entregándolle o reino de Galicia e Portugal á súa filla Urraca. O seu home, Raimundo de Borgoña, tomou o mando e acompañouse de XelmÃrez, a quen colocou como bispo no ano 1.100. Raimundo de Borgoña fracasou na administración de Lisboa, Santarém e Sintra, que foron reconquistadas polos mouros e tentou ser el o sucesor do reino. Morreu prematuramente, deixando como fillo a Afonso Reimundez, quen serÃa posteriormente coñecido como Afonso VII.
Polos areais de Traba
Afonso VII non está soterrado no Panteón Real de Santiago, pero si un singular personaxe do seu tempo: o conde de Traba, Pedro Froilaz. A súa escultura funeraria é singular e diferente: revela minuciosamente os trazos dun guerreiro vello que aÃnda parece querer incorporarse, coa súa espada, da súa tumba. Pedro Froilaz non tiña por que estar enterrado entre os reis, pero foi o seu afillado Afonso VII quixo que compartira a dignidade. Non é para menos: Raimundo de Borgoña e dona Urraca entregaron ao seu fillo Afonso Reimundez ao Conde de Traba para que o criara e preparara para futuro rei. O vello guerreiro coidou do neno agochándoo por toda Galicia, en diferentes castelos de Galicia, loitando por mantelo a salvo de conspiracións e intentos de asasinato. O rapaz concentraba as expectativas da aristocracia galega, encabezada polo Conde de Traba, e de parte do clero autóctono –dirixido polo arcebispo XelmÃrez- de formar en Galicia un reino independente. O neno Afonso é coroado como Rei de Galicia, con tódolos fastos, na catedral de Santiago, no 1111, baixo a sombra do seu aio. Logo os seus destinos se separarÃan, pero o Rei quixo que o vello Pedro Froilaz compartira o destino final na Catedral de Santiago que o propio monarca pensara para si mesmo. Ao final, el serÃa soterrado en Toledo –a cidade que conquistou e amou- pero a súa muller Berenguela está soterrada tamén no Panteón Real.
Berenguela
A súa tumba é a máis discreta do Panteón. Berenguela (1108 – 1149) era filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer e o seu casamento con Afonso VII realizouse en orde ás polÃticas de alianzas dos diferentes territorios e alianzas dos cristiáns da PenÃnsula. Berenguela capitaneou a defensa da conquistada Toledo das tropas musulmáns que a querÃan reconquistar. A outra raÃña que repousa no Panteón é Xoana de Castro, galega que casou con Pedro I o Cruel no século XIV, nunha época bastante posterior aos do resto de monarcas do panteón.
Fernando II e Afonso IX
Fernando II e Afonso IX repousan xuntos. Pai e fillo, ámbalas dúas tumbas amósannos na plenitude da súa madurez, con longas e coidadas roupas cortesáns. Fernando II, rei de Galicia e León entre 1157 e 1188, mantivo unha relación tensa con Portugal. Ao principio casou con Urraca, unha filla de Afonso HenrÃques, o nobre que emancipara Portugal do reino de Galicia e León, pero a alianza non foi adiante porque ámbolos dous eran parentes excesivamente próximos, sucedéronse os conflitos ata que os portugueses foron derrotados preto de Badaxoz. Logo casou cunha filla do Conde de Traba. Fernando II foi un impulsor decidido das cidades galegas, ás que outorga dereitos para protexérense do señores feudais e que viven, a partir del, unha época de xurdimento. Todo o reinado de Fernando II foi de espléndida vitalidade cultural en Galicia: érguense as catedrais, o Mestre Mateo esculpe o Pórtico da Gloria e a poesÃa e a lÃrica comeza a xurdir. De contado se escribirán os Cancioneiros. Afonso VIII, que reinará entre 1188 e 1230, tentará no inicio do seu reinado a reconciliación con Portugal pero á morte da súa muller reconduciu a súa polÃtica cara Castela, casando coa princesa Berenguela e converténdose en pai do futuro Fernando III o Santo. Sostivo guerras contra portugueses e casteláns e gañoulle Estremadura aos mouros. Morreu en Sarria mentres peregrinaba a Santiago. Do matrimonio coa súa primeira muller portuguesa nacerán dúas fillas. O bando da nobreza que buscaba, a través dela, a alianza con Portugal, perderá e o seu fillo Fernando, que xa era Rei de Castela, será coroado como Rei de Galicia e León rematando desta vez a independencia do reino de Galicia.
Abandonamos o recinto que fora, no seu momento, a antiga Sala Capitular –o espazo de xuntanza dos cóengos do templo- da Catedral de Santiago e que recibiu o restos dos monarcas no século XVI. Un fotógrafo preocúpase de reproducir en detalle os cofreciños cos dedos momificados de santos e anacos de pelo de mártires, alleo ás tumbas das paredes. Pedro Froilaz, o conde de Traba, parece controlar, dende un recanto, que todo continúe no mesmo sitio outros quiñentos anos.
Para saber máis:
LÓPEZ CARREIRA, Anselmo: Os reis de Galicia. A Nosa Terra, Vigo, 2003

GalerÃa: Os reis de Galicia
Reimundo de Borgoña, Conde de Galicia. Tódalas fotografÃas da galerÃa son cortesÃa do Museo da Catedral de Santiago.
GalerÃa: Os reis de Galicia
Pedro Froilaz, Conde de Traba
GalerÃa: Os reis de Galicia
Berenguela, muller de Afonso VII
GalerÃa: Os reis de Galicia
Xoana de Castro, muller de Pedro I
GalerÃa: Os reis de Galicia
Fernando II
GalerÃa: Os reis de Galicia
Afonso VIII
GalerÃa: Os reis de Galicia
Retablo das reliquias do Panteón