Os premios San Clemente premian a Sica Romero, Brenda Navarro e Nell Leyshon

Participou alumnado de dez centros de ensino de Galicia e o exterior

25/10/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
51 lecturas | Compartido 0 veces

Sica Romero. Foto: Xoán Escudero / Wikipedia

Onte fallouse a 27ª edición do Premio Literario San Clemente. O xurado, formado por alumnado de seis centros galegos e outros catro, un de Madrid, de Francia, Reino Unido e Alemaña, escolleu obras da galega Sica Romero, a mexicana Brenda Navarro e a inglesa Nell Leyshon. No caso de Sica Romero, a súa primeira novela Avelaíñas eléctricas fíxose co galardón, no que o xurado destacou a capacidade de "concentrar unha gran variedade de temas de actualidade" e por "romper prexuízos ao empregar o seseo e gheada en naturalidade, convertendo o "dialectalismo" en ferramenta literaria". Por outra banda, Brenda Navarro recibiu o galardón pola novela Ceniza en la boca, na qu se destacou o "carácter reivindicativo dunha narración que permite entrar na psicoloxía humana e tratar con naturalidade temas tabú". O galardón en lingua inglesa foi para La escuela de canto, da que se destacou a "óptica humana e natural" coa que o feminismo se aborda nesta obra ambientada na Inglaterra de 1573.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Inglaterra, Reino Unido, Madrid...